15/01/19

Calibán


Esta lingua que dominei
tenme dominada;

ensinoume maldicións
na linguaxe do dominador,

ensinoume a escravitude
na linguaxe do dominador,

e eu son unha muller violada e espida
cantando as palabras dunha nena perdida
pisando a punta das ondas
tentando recobrar...

o soño dunha virxe vestida ao luar,
acadando xestos a través das augas
cantando unha canción do fogar.

Son a filla dun home negro, aínda
varado ás beiras dos mares saxóns.


 ABENA BUSIA


Abana Busia (1953), poeta e editora ghanesa, profesora de Estudos de Xénero na Univ. de Rutgers e diplomática no Brasil. 

Calibán é o nome dun personaxe de Shakespeare, un escravo primitivo e salvaxe, reinterpretando posteriormente como símbolo do "home natural" de Rousseau, das clases oprimidas polo capitalismo ou polo colonialismo. Caliban está vinculado á visión europea dos nativos americanos e africanos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario