Hai moitos anos, había un Emperador tan afeccionado
aos traxes novos que gastaba todas as súas rendas en vestir coa máis suprema
elegancia. Non se interesaba polos seus soldados, nin polo teatro, nin lle
gustaba saír de paseo polo campo, a menos que fose para lucir os seus traxes
novos. Tiña unha vestimenta distinta para cada hora do día, e do mesmo xeito
que se di dun rei: “Está no Consello?”, do noso home dicíase: “O Emperador está
no vestiario?”.
A cidade en que vivía o Emperador era moi leda e buliciosa e todos os días chegaban a ela moitísimos estranxeiros.

Unha vez, presentáronse dous truáns que se facían
pasar por tecedores, asegurando que sabían tecer as máis marabillosas teas. Non
soamente as cores e os debuxos eran fermosísimos, senón que as pezas con elas
confeccionadas posuían a milagrosa virtude de ser invisibles a toda persoa que
non fose apta para o seu cargo ou que fose irremediablemente estúpida.
—Deben ser vestidos magníficos! —pensou o Emperador—. Se os tivese, podería indagar que funcionarios do reino son ineptos para o cargo que ocupan. Podería distinguir entre os intelixentes e os parvos. Nada, que se poñan axiña a tecer a tea—. E mandou abonar aos dous pícaros un bo adianto en metálico, para que puxesen ao choio canto antes.
Eles montaron un tear e simularon que traballaban; pero non tiñan nada na máquina. Malia iso, fixéronse fornecer coas sedas máis finas e co ouro de mellor calidade, que se embolsaron gustosamente, mentres seguían facendo como que traballaban nos teares baleiros até moi entrada a noite.
«Gustaríame saber si avanzan coa tea»—, pensou o Emperador. Pero había unha cuestión que o tiña un tanto cohibido, a saber, que un home que fose estúpido ou inepto para o seu cargo non podería ver o que estaban tecendo. Non é que temese por si mesmo; sobre este punto estaba bastante tranquilo; pero, polo si ou polo non, prefería enviar primeiro a outro, para asegurarse de como andaban as cousas. Todos os habitantes da cidade estaban informados da particular virtude daquela tea, e todos estaban impacientes por ver até que punto o seu veciño era aparvado ou inepto.
«Enviarei ao meu Primeiro Ministro a que visite aos tecedores —pensou o Emperador—. É un home honrado e o máis indicado para xulgar das calidades da tea, pois ten talento, e non hai quen desempeñe o cargo como el».
O vello e digno Ministro presentouse, pois, na sala ocupada polos dous estafadores, os cales seguían traballando nos teares baleiros. «Deus nos valla! —pensou o Ministro para os seus adentros, abrindo uns ollos coma laranxas—. Pero se non vexo nada!». Con todo, non soltou palabra.
Os dous raposos rogáronlle que se achegase e preguntáronlle se non consideraba magníficos a cor e o debuxo. Sinalábanlle o tear baleiro, e o pobre home seguía cos ollos desencaixados, pero sen ver nada, posto que nada había. «Deus santo! —pensou—. Seica son parvo? Ninguén o cre, e ninguén ten que sabelo. É posible que eu sexa inútil para o cargo? Non, desde logo non podo dicir que non vin a tea».
—Que? Non di a Vosa Excelencia nada do tecido? —preguntou un dos tecedores.
—Oh, precioso, marabilloso! —respondeu o vello Ministro mirando a través dos lentes—. Que debuxo e que cores! Desde logo, direi ao Emperador que me gustou extraordinariamente.
—Dános unha boa alegría —responderon os dous teceláns, dándolle os nomes das cores e describíndolle o raro debuxo. O vello tivo bo coidado de quedarse as explicacións na memoria para poder repetilas ao Emperador; e así o fixo.
Os estafadores pediron entón máis diñeiro, máis seda e máis ouro, xa que o necesitaban para seguir tecendo. Todo foi a parar aos seus petos, pois nin un fío se empregou no tear; e eles continuaron, como antes, traballando nas máquinas baleiras.
Pouco despois, o Emperador enviou a outro alto funcionario da súa confianza a inspeccionar o estado da tea e informarse de se quedaría pronto lista. Ao segundo, ocorreulle o que ao primeiro; mirou e mirou..., pero como no tear non había nada, nada puido ver.
—Verdade que é unha tea fermosa? —preguntaron os dous tramposos, sinalando e explicando o precioso debuxo que non existía.
«Eu non son parvo —pensou o home—, e o emprego que teño non o solto. Sería moi molesto. É preciso que ninguén se dea conta». Así que se desfixo en loanzas da tea que non vía, e ponderou o seu entusiasmo por aquelas fermosas cores e aquel soberbio debuxo.
—É digno de admiración! —dixo ao Emperador.
Todos os moradores da capital falaban da magnífica tea, tanto, que o Emperador quixo vela cos seus propios ollos antes de que a sacasen do tear. Seguido dunha multitude de personaxes escolleitos, entre os cales figuraban os dous devanditos probos funcionarios, encamiñouse á casa onde paraban os pícaros, os cales continuaban tecendo con todas as súas forzas, aínda que sen fíos nin fiados.
—Verdade que é admirable? —preguntaron os dous honrados funcionarios—. Fíxese Vosa Maxestade nestas cores e estes debuxos —e sinalaban o tear baleiro, crendo que os demais vían a tea.
«Como! —pensou o Emperador—. Eu non vexo nada! Isto é terrible! Serei tan parvo? Seica non sirvo para emperador? Sería espantoso».
—Oh, si, é moi linda! —dixo—. Gústame, apróboa—. E cun xesto de agrado miraba o tear baleiro; non quería confesar que non vía nada.
Todos os compoñentes do seu séquito miraban e remiraban, pero ningún sacaba nada en limpo; mentres, todo era exclamar, como o Emperador: —oh, que bonito!—, e aconselláronlle que estrease os vestidos confeccionados con aquela tea na procesión que debía celebrarse proximamente. —É preciosa, elegantísima, estupenda!— corría na fala da xente, e todo o mundo parecía extasiado con ela.
O Emperador concedeu cadansúa condecoración aos dous canallas para que as prendesen no ollal, e nomeounos Tecedores Imperiais.
Durante toda a noite que precedeu ao día da festa, os dous raposeiros estiveron levantados, con dezaseis lámpadas acesas, para que a xente vise que traballaban activamente na confección dos novos vestidos do Soberano. Simularon quitar a tea do tear, cortala con grandes tesoiras e cosela con agullas sen fío; finalmente, dixeron: —Por fin, o vestido está listo!
Chegou o Emperador en compañía dos seus cabaleiros principais, e os dous tunantes, levantando os brazos coma se sostivesen algo, dixeron:
—Isto son os pantalóns. Aí está a casaca. Aquí teñen o manto. As pezas son lixeiras coma se fosen de tea de araña; un crería non levar nada sobre o corpo, mais precisamente isto é o bo da tea.
—Si! —asentiron todos os cortesáns, malia que non vían nada, pois nada había.
—Quere dignarse Vosa Maxestade quitarse o traxe que leva —dixeron os dous desvergonzados— para que podamos vestilo co novo diante do espello?
Quitou o Emperador as súas pezas, e os dous simularon poñerlle as diversas pezas do vestido novo, que dixeran remataren pouco antes. E collendo ao Emperador pola cintura, fixeron coma se lle atasen algo, a cola seguramente; e o Monarca todo era dar voltas ante o espello.
—Deus, e que ben lle senta, vaille estupendamente! —exclamaban todos—. Vaia deseño e vaia cores! É un traxe precioso!
—O palio baixo o cal irá A vosa Maxestade durante a procesión, agarda xa na rúa—anunciou o mestre de Cerimonias.
—Moi ben, estou a punto —dixo o Emperador—. Verdade que me senta ben? ? e volveuse unha vez máis de face ao espello, para que todos cresen que vía o vestido.
Os axudantes de cámara encargados de soster a cola baixaron as mans ao chan como para erguela, e avanzaron con ademán de soster algo no ar; por nada do mundo confesarían que non vían nada. E, deste xeito, botou a andar o Emperador baixo o magnífico palio, mentres o xentío, desde a rúa e as fiestras, exclamaba:
—Que preciosos son os vestidos novos do Emperador! Que magnífica cola! Que fermoso é todo!
Ninguén permitía que os demais se decatasen de que nada vía, para non ser tido por inepto no seu cargo ou por paspán. Ningún traxe do Monarca tivera tanto éxito como aquel.
—Pero... se non leva nada! —exclamou, de súpeto, un neno.
—Deus bendito, escoiten a voz da inocencia! —dixo o seu pai; e todo o mundo foise repetindo ao oído o que acababa de dicir o pequeno.
—Non leva nada; é un raparigo o que di que non leva nada!
—Pero se non leva nada! —gritou, finalmente, o pobo enteiro.
Aquilo desacougou ao Emperador, pois presentía que o pobo tiña razón; mais pensou: «Hai que aturar até o fin».

E seguiu máis fachendoso que antes; e os axudantes de
cámara continuaron sostendo a inexistente cola.
Hans
Christian Andersen
Hans Christian Andersen (1805-1875) foi un
escritor e poeta danés, famoso polos seus contos para nenos, como O patiño feo, A sereíña, A raíña das neves,
O soldadiño de chumbo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario