21/12/12

En paz!

Artifex vitae, artifex sui

Cerca do meu ocaso, eu bendígote vida
porque nunca me deches esperanza falida
nin traballos inxustos nin mágoa inmerecida:
porque vexo ao final do meu rudo camiño
que eu fun o arquitecto do meu propio destino;
que se non poucas veces amargo fel bebín
foi só porque non sempre doce mel ofrecín:
cando plantei roseiras só rosas medrar vin.
Ás miñas louzanías vai suceder o inverno:
mais ti non me dixeches que maio fose eterno!

Achei que as miñas penas as noites alongaban
mais ti non prometiches que as noites non duraran;
en cambio, algunhas foron serenamente plácidas…

Amei, fun amado, o sol quentoume a faz
Vida, nada me debes! Vida, estamos en paz!

Amado Nervo. Marzo de 1915

Ningún comentario:

Publicar un comentario