Relato de Luis Felipe G. Lomelí e gravado de Luís Seoane.
Este relato, de catro palabras, é máis breve que existe. |
“O DINOSAURO”
Cando espertou, o dinosauro aínda estaba alí.
Augusto Monterroso
------------------
“A CULTA DAMA”
Pregunteille á culta dama se coñecía o conto de Augusto Monterroso titulado “O dinosauro”.
—Ah, é unha delicia —respondeume—, xa o estou lendo.
José de la Colina
------------------
“A DERRADEIRA CEA”
O conde invitoume ao seu castelo. Naturalmente eu levarei a bebida.
Ángel García Galiano
------------------
“AUTOBIOGRAFÍA”
Fracasei. Son, como todo o mundo sabe, un perfecto descoñecido.
Jaime Muñoz Vargas
------------------
“O ADIVIÑO”
En Sumatra, alguén quere doutorarse de adiviño. O bruxo examinador pregúntalle se será reprobado ou se pasará. O candidato responde que será reprobado..
Jorge Luis Borges
------------------
“O HOME INVISIBLE”
Aquel home era invisible, pero ninguén se decatou.
Gabriel Jiménez Emán

Ningún comentario:
Publicar un comentario